Saltar ao contido

Deseño web a medida para o teu negocioNacenteStudiode Alejandro

Onde nace a túa web.

Webs útiles, claras e rápidas, feitas a medida para que te atopen e te chamen. Listas en menos de 10 días laborables, desde Galicia, para onde esteas.

Que inclúe

O que a túa web necesita. Nada máis.

Sen paquetes pechados nin extras agochados: isto vai en todas as webs que fago.

  1. 01

    Feita á túa medida

    Deseñada para o teu negocio, non un modelo repetido.

  2. 02

    Vese ben no móbil

    E tamén na tableta e no ordenador.

  3. 03

    Preparada para Google

    Co teu nome, o que fas e a túa zona ben postos, para que te atopen.

  4. 04

    Que te chamen cun toque

    Botóns para chamar, escribir por WhatsApp e chegar ata ti.

  5. 05

    Cumpre coa lei

    Aviso legal, privacidade e cookies, incluídos e adaptados á túa web.

  6. 06

    Todo a teu nome

    A web e o dominio son teus desde o primeiro día.

Que fago

Para cada negocio, a súa web.

Desde unha páxina sinxela para que te atopen ata unha tenda ou un axudante que conteste por ti. Preme en cada unha para saber máis.

O proceso

Así traballo.

Catro pasos, sen sorpresas. Sempre sabes en que punto está a túa web.

  1. Falamos do teu negocio

    Unha chamada de 15–20 minutos, sen compromiso, para entender que necesitas e que queres conseguir coa túa web. Se che convence, dásme as túas indicacións e quedamos para a seguinte.

  2. Ensínoche a túa web

    Unha chamada curta para que vexas o modelo de deseño. Se che gusta, dásme o ok e págase a metade.

  3. Constrúoa

    Cos teus textos, fotos e datos, en menos de 10 días laborables.

  4. Entrégocha

    Revisámola, axustamos o que faga falta e págase a outra metade. Todo queda a teu nome.

Orzamento

Unha web para cada orzamento.

Cada negocio ten as súas necesidades e as súas posibilidades. Cóntasme que necesitas e con que contas, e busco a web que mellor encaixe. Sen compromiso: calculo o prezo e ti decides.

Cóntame que necesitas
  • Adaptado ao que necesitas e ao que podes investir
  • Prezo pechado por escrito antes de comezar
  • A metade ao aprobar o deseño, a outra metade ao entregar
  • Mantemento opcional e sen permanencia

Sobre min

Quen está detrás.

Son Alejandro, deseñador galego, novo, con experiencia e con gusto polos estilos diferentes: non fago webs xenéricas, fago webs con personalidade propia, pensadas para que o teu negocio se distinga. Traballo eu só e atendo eu mesmo cada proxecto, así que falas sempre directamente comigo, sen intermediarios.

Contacto

Sen compromiso

Falamos?

Chámame ou escríbeme por WhatsApp

623 49 32 51

É a forma máis rápida: cóntame que tes en mente e respóndoche en 24 h.

Por correo

contacto@nacentestudio.com

Mellor para enviarme textos, fotos ou a web que tes agora.

Desde onde

Galicia

Traballo a distancia con negocios de calquera lugar.